Sergio-Siano-Il-mare-che-bagna-napoli-27-dicembre-2004

 

A pregunta máis habitual sobre Ribadeo é se é a última vila de Galicia ou a primeira de Asturias segundo se colle a autovía do Cantábrico. Esa autoestrada é outra vítima da mentalidade radial dos deseñadores españois de infraestruturas, incapaces de ceder á lei de que todos os camiños deben pasar por Madrid. Os ribadenses botamos o día contestado preguntas desa caste. A única certeza que atopamos a respecto de Ribadeo é que «cada un paga o seu». Un hostaleiro de Silleda cansou de botar en falta clientes, polo que puxo un cartel na taberna Pino: «Esta quincena as bebidas na barra, estilo Ribadeo, cada un paga o seu». Combate así a sensación xeralizada entre os que pagan roldas de viños de seren os máis xenerosos do grupo.

artigo completo en Galiciaé

Photo: Il mare che bagna Napoli (2004). Sergio-Siano