Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
22 janvier 2013

MAGNITUDES

krausnick

 

O papagaio do mar atende as súas crías segundo criterios propios de Esparta. Andaba agora léndollo a Jonathan Frazen en Más afuera (Salamandra) As femias paren nas covas dos cantís oceánicos. Durante seis semanas miman e alimentan ao pitiño, pero, rematado o prazo, marchan sen deixar razón. O paxariño fica na escuridade fría, abandonado ata que a fame o empuxa fóra da cavidade. Aprende por cruel necesidade. A nós nunca se nos ocorrería tal. Así nos vai como país. Con todo, o problema colectivo é que as situacións non se solventan con patrimonios privados, senón públicos. José Manuel Baltar advirte de que denunciará a que ofenda á Deputación. Percíbeo como algo persoal. Tantos anos topando o anagrama da institución pola casa, tantos anos reparando en que o apelido aparece de par co nome da entidade, que non se dan distinguido. Os apelidos, tamén os propios pais e fillos, dan en confundir e confundirse. Os galegos teiman en fixar os marcos porque os límites das fincas son imperceptibles cada vez que hai néboa. Se a uns intelectuais os adornan como as figuras máis sobresaínte dunha cultura, acaban por fundirse con ela. Aplican o argumento daquel presidente da Xunta que termaba de que as mellores familias entregan os mellores ás institucións públicas. Os Baltar e os dirixentes da Real Academia ofreceron os mellores a cadansúas entidades. O sorprendente é que cando a prensa -ou Xosé Manuel Sarille- o expoñen prenden no galeguismo as matizacións entre motivacións: Rei Lear. Afírmase que as informacións responden á necesidade de denunciar no caso da institución política e un ataque ao país, se atinxen á cultural. A diferenza de calidade non se descubre en ambas as actuacións; pode que haxa unha diferenza de magnitude.

Photo: Dennis Krausnick as King Lear

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité