Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
25 janvier 2013

A NOITE NA QUE FRANCO ME ABRAZOU

 

grand father

 

Esta noite soñei con que entraba nunha casa co aire pobre e tristón que amosaban os interiores das vivendas nos anos 70. Un vellote anano e gordecho sorríame cun dente de ouro brillando. Vestía un xersei granate e un pantalón gris de franela, todo moi correctamente funcionarial. Reparei en que era Franco. Saudábame como neto seu. Abrazoume con enerxía. Eu fiquei inerte e perplexo, pensando na frialdade que demostrara cando gobernaba en contraste con aquel agarimo, que semellaba ter unha raíz de sinceridade. Tras de min, entraba a miña nai, que me rifaba por ser tan displicente co meu avó.

Interpreto que o soño vén de que adormentei lento mentres lía Muss/El gran imbécil (Sexto Piso), pero o retrato de Mussollini que detalla Curzio Malaparte nel é admonitorio para Hitler sobre o perigo de imitar ao ditador italiano.

Photo: Grand father Arvid. Stian A. Giltvedt

 

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité