Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 janvier 2013

MAREAS CATIVAS E NEGRAS

peisaj negru M

 

Houbo unha noite na que Goebbels andaba xogando a ser o mariscal Suchet -o asistente de Napoleón a quen Carême dedicou a pintada con salsa albufera e verduriñas paisanas-. O ministro nazi fantaseaba sobre un mapa da Europa a producción que fornecería de alimento ao Terceiro Reich. Enriba de Galicia escribiu kartoffel, patacas. Teño na cociña un cesto no que gardo patacas na escuridade. Sérveme para escribir a miña toponimia. Ata ben marchado o día de Reis gocei gloriosas patacas de Becerreá. Para continuar a marabilla, merqueille unhas patacas chairegas. Cando vou a Ribadeo, consumo patacas locais, que teñen a vantaxe de non precisaren sal. Son cultivadas na beiramar, polo que reciben a benzón dos aires salgados. Na miña infancia, ese sabor a mar das patacas era aínda máis forte e natural porque as leiras eran aboadas con ourizos.

(artigo completo en Galiciae)

Foto. Peisaj negru. Horatiu Lazar

Publicité
Publicité
Commentaires
M
Parabéns polas declaracións en Praza, especialmente polas que se refiren á RAG. Somos moitos os que pensamos o mesmo e que a principal función da RAG sería o idioma, así como publicar un dicionario e gramática normativo-descritivos en formato convencional. En canto ao labor lingüístico que realizan os novelistas é extraordinario no que se refire á modernización e actualización do galego... Iso non o fai a Academia nin o resto de institucións filolóxicas, que se dedican a estudar os distintos nomes do carro e cousas así. Abonda con ver as entradas do dicionario dixital da RAG onde practicamente está ausente a tecnoloxía que usan os nosos mozos e que si aparece nos narradores.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité