mercredi 30 janvier 2013

OS SOBRES NON VIAXAN DE MAN EN MAN

Os sobres non viaxan de man en man como antaño. Hai preocupación na industria papeleira. Acordei de Los Soprano: licencias para construír, adxucacións de obras públicas, contratos para xestionar o lixo,... nada escapaba ás argalladas da familia Soprano. Bárcenas paréceme cuspidiño a Tony Sirico. Fantasei cunha película protagonizada por Sirico. Nunha escena, escacharía da risa cuns banqueiros suízos. Noutra, veríamolo argallando cunha calculadora: a este chégalle, que me cae gordo; a estoutro voulle meter máis que ten... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]