jeudi 31 janvier 2013

O PARLAMENTO COMO DRAMMA GIOCOSO

  Pilar Rojo acerta ao adoptar medidas para que o parlamento non sexa un escenario de drama giocoso napolitano. Na cámara están as persoas designadas polos galegos para que os representen, do cal non debe inferirse que eles poidan designar outras por mandato interposto vía convite. Por ese mesmo argumento, a presidenta da institución non pode reservarse o dereito de admisión. Había de favorecerse unha decisión colexiada dos grupos ou, en defecto, consentir o acceso ao Hórreo soamente os electos. A carraxe é comprensible,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]