jeudi 31 janvier 2013

O PARLAMENTO COMO DRAMMA GIOCOSO

  Pilar Rojo acerta ao adoptar medidas para que o parlamento non sexa un escenario de drama giocoso napolitano. Na cámara están as persoas designadas polos galegos para que os representen, do cal non debe inferirse que eles poidan designar outras por mandato interposto vía convite. Por ese mesmo argumento, a presidenta da institución non pode reservarse o dereito de admisión. Había de favorecerse unha decisión colexiada dos grupos ou, en defecto, consentir o acceso ao Hórreo soamente os electos. A carraxe é comprensible,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 30 janvier 2013

OS SOBRES NON VIAXAN DE MAN EN MAN

Os sobres non viaxan de man en man como antaño. Hai preocupación na industria papeleira. Acordei de Los Soprano: licencias para construír, adxucacións de obras públicas, contratos para xestionar o lixo,... nada escapaba ás argalladas da familia Soprano. Bárcenas paréceme cuspidiño a Tony Sirico. Fantasei cunha película protagonizada por Sirico. Nunha escena, escacharía da risa cuns banqueiros suízos. Noutra, veríamolo argallando cunha calculadora: a este chégalle, que me cae gordo; a estoutro voulle meter máis que ten... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 29 janvier 2013

A DIVINIDADE ARTIFICIAL

  A LITERATURA testamentaria debe de ser a lida con máis detemento, e, dende logo, a que máis interpretacións xera. O testamento máis estrafalario que lin foi o de Franco. As monxas que me daban clase en Ribadeo percibiron que debían informar a nenos de dez anos sobre as encargas colectivas que nos deixaba o ferrolán e expuxeron o testamento nun póster na nosa aula. A súa lectura aínda conmove: «Pido perdón a todos, como de todo corazón perdoo a cantos se declararon os meus inimigos, sen que eu os tivera como tales». Retranca... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 16:01 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 27 janvier 2013

MAREAS CATIVAS E NEGRAS

  Houbo unha noite na que Goebbels andaba xogando a ser o mariscal Suchet -o asistente de Napoleón a quen Carême dedicou a pintada con salsa albufera e verduriñas paisanas-. O ministro nazi fantaseaba sobre un mapa da Europa a producción que fornecería de alimento ao Terceiro Reich. Enriba de Galicia escribiu kartoffel, patacas. Teño na cociña un cesto no que gardo patacas na escuridade. Sérveme para escribir a miña toponimia. Ata ben marchado o día de Reis gocei gloriosas patacas de Becerreá. Para continuar a marabilla,... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 08:19 - Commentaires [1] - Permalien [#]
samedi 26 janvier 2013

LANCHAS NAS PALLEIRAS

  Manolo de Charo sabe agardar. Aprendeu a fins de 1990 cando andaba embarcado nun petroleiro de 270 metros de eslora. "Mandábanos apagar as luces, estar calados e agardar", lembra daquel inverno de guerra no Golfo Pérsico que contrasta co seu sorriso tímido e cálido. As esperas matutinas en Rinlo son máis xélidas, pero están exentas de tensión. Manolo agarda ás once da mañá para que Gerardo devolva o fluxo sanguíneo ao apagado bar da confraría. O mariño xubilado saúda a Moncho e Suso, que se dirixen á outra banda da... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:28 - Commentaires [2] - Permalien [#]
vendredi 25 janvier 2013

A NOITE NA QUE FRANCO ME ABRAZOU

    Esta noite soñei con que entraba nunha casa co aire pobre e tristón que amosaban os interiores das vivendas nos anos 70. Un vellote anano e gordecho sorríame cun dente de ouro brillando. Vestía un xersei granate e un pantalón gris de franela, todo moi correctamente funcionarial. Reparei en que era Franco. Saudábame como neto seu. Abrazoume con enerxía. Eu fiquei inerte e perplexo, pensando na frialdade que demostrara cando gobernaba en contraste con aquel agarimo, que semellaba ter unha raíz de sinceridade. Tras de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:41 - Commentaires [0] - Permalien [#]
Tags :

jeudi 24 janvier 2013

BOAS CAMAS PARA SOLTEIROS

    Unha amiga de Eric Blair recoñece que "era coma unha vaca cun trabuco". Confesa que "chorabamos de risa comentando os textos que nos dera a ler". O aspirante a escritor rexeitara unha educación oxbridge. Marchara servir como policía do Imperio naquela India británica que avanzaba cara atrás na flecha do tempo, cara á súa fin nun século XX que empezaba a bulir. Cinco anos tardou en reparar que odiaba ser un "axente da dominación do home polo home". Quería ser novelista. Precisaba experiencia. Alguén misericordioso... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 09:45 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 22 janvier 2013

MAGNITUDES

  O papagaio do mar atende as súas crías segundo criterios propios de Esparta. Andaba agora léndollo a Jonathan Frazen en Más afuera (Salamandra) As femias paren nas covas dos cantís oceánicos. Durante seis semanas miman e alimentan ao pitiño, pero, rematado o prazo, marchan sen deixar razón. O paxariño fica na escuridade fría, abandonado ata que a fame o empuxa fóra da cavidade. Aprende por cruel necesidade. A nós nunca se nos ocorrería tal. Así nos vai como país. Con todo, o problema colectivo é que as situacións non se... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:33 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 21 janvier 2013

O CAMIÑO DE REGRESO AO INFERNO

  HAI ESCRITORES que imprimen o seu exhibicionismo a ferro e lume ata a derradeira cea. Puidemos coñecer os manuscritos de Franz Kafka grazas a que Max Brod ignorou a encarga do amigo para que queimase os manuscritos que lle legaba tras o seu pasamento. Semella evidente que Kafka carecía de vontade de cegar unha prodición literaria que situara no centro da súa vida. No suposto de non ser unha impostura, tería feito el mesmo ese traballo de combustión. Algo máis sincero parece Jasper Gwyn, o protagonista de Mr.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 12:21 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 20 janvier 2013

UNHAS MOEDAS PARA PAGAR UN CAFÉ DE FUTURO

  A pregunta máis habitual sobre Ribadeo é se é a última vila de Galicia ou a primeira de Asturias segundo se colle a autovía do Cantábrico. Esa autoestrada é outra vítima da mentalidade radial dos deseñadores españois de infraestruturas, incapaces de ceder á lei de que todos os camiños deben pasar por Madrid. Os ribadenses botamos o día contestado preguntas desa caste. A única certeza que atopamos a respecto de Ribadeo é que «cada un paga o seu». Un hostaleiro de Silleda cansou de botar en falta clientes, polo que puxo... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 17:04 - Commentaires [0] - Permalien [#]