Canalblog
Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 janvier 2013

A BUSCA DOS NÓMADES

A BUSCA DOS NÓMADES
Bruce Chatwin escribiu a súa primeira carta aos seus pais cando tiña oito anos. A misa do domingo viña de rematar no colexio Old Hall, de Shrospshire. Ao longo dos 40 anos que se sucederon detrás nunca deixou de escribir cartas. A poetisa Pam Bell aseverou...
Publicité
Publicité
17 janvier 2013

NINGUNHA CADEIRA NA QUE SENTAR

NINGUNHA CADEIRA NA QUE SENTAR
Royal Mile era unha das avenidas favoritas de Bruce Chatwin. Conduce ao castelo de Edimburgo. A muller do escritor errante lembra en Bajo el sol (Editorial Sexto Piso): “Tiña 23 pubs, ningún deles cunha cadeira para sentar”. (O artigo continúa aquí) Photo:...
16 janvier 2013

A PATACA ORIXINAL

A PATACA ORIXINAL
A última polémica gastronómica é a da procedencia da pataca fritida. Os litigantes son Francia e Bélxica. Ambas as dúas denominan á pataca, en francés, mazá de terra . A lenda belga está tamén protagonizada por pescadores. Un arrepiante inverno de xeadas...
15 janvier 2013

NUNCA REPETÍA DORMITORIO

NUNCA REPETÍA DORMITORIO
O único disco de Bruce Springsteen que me interesa é Nebraska. O resto, acáeme soberbio, no senso máis censurable. Ese álbum de 1982, que interpretou a voz, guitarra e armónica, é unha carta ao primeiro folk norteamericano, o que terían cantado nas películas...
14 janvier 2013

UN CLIENTE COLATERAL

UN CLIENTE COLATERAL
Once alumnos da Fundación TIC viñeron para que lles falase sobre o Clavicémbalo esta mañá. Empezaban a gravar un documental sobre o cernudo club para cultura en directo de Lugo. O seu propietario, Alberto Grandío, é amigo meu. Admiro fondamente a súa...
Publicité
Publicité
13 janvier 2013

MANSOS E DERROTADOS

MANSOS E DERROTADOS
O corpo é unha estrutura dotada de lóxica interna, pero carente de lóxica abstracta. Os homes temos que usar unha man para erguer un tubo de carne aburatado para expulsar os líquidos de refugallo. As mulleres deben agacharse nunha submisión imposta pola...
12 janvier 2013

BUSCANDO PIZZA NOS BARRIOS MÁIS GASTADOS DA CIDADE

BUSCANDO PIZZA NOS BARRIOS MÁIS GASTADOS DA CIDADE
A proposta era xantar nun italiano de Oviedo, pero demos nun asador de aparencia populosamente tétrica presentado en fiestra de aluminio dourado. A desacougante sensación viuse aliviada por unhas solemnes pizzas napolitanas, que respectaban varias das...
11 janvier 2013

SOMOS UN PAÍS SUBTITULADO

SOMOS UN PAÍS SUBTITULADO
O ABC era un deses diarios que lía todos os sábados nos que reinaba no seu suplemento de Cultura o botadoenfalta Félix Romeo. Antonte volvín lerme dúas páxinas de Cultura. Xa lle lera unha acusación desa caste a Horacio Vixande, pero o xornal en papel...
10 janvier 2013

A PATRIA DUN HOME SON AS AUGAS NAS QUE APRENDE A NADAR

A PATRIA DUN HOME SON AS AUGAS NAS QUE APRENDE A NADAR
A patria dun home son as augas nas que aprende a nadar. A excepción son os ricos, que arraigan onde os ventos tributarios os empuxen. A Gerard Depardieu apartárono cara á chaira de Néchin, en Bélxica, trazado de pradarías e leiras coma un cadro triste...
9 janvier 2013

UNHA MOCIDADE QUE SE MIDE POR MUÍÑOS

UNHA MOCIDADE QUE SE MIDE POR MUÍÑOS
A mocidade en Vilalba non se mide por anos, senón por muíños. O río Madanela rodea a vila nunha aperta que nunca dá pechado, polo que os veciños aproveitaron para ubicar muíños: Os Novos, Os Pasos, O Rañego e Os Freires. Os nenos aproveitaban o lecer...
Publicité
Publicité
<< < 1 2 3 > >>
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité