Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 février 2013

GALICIA 1.992.2000

Focalización

 

Cada vez que cociño unhas patacas á rioxana, pregúntome pola esencia rioxana desta culinaria. Equiparablemente, podería ser outra desas marcas maragatas na nosa cociña. Esa estraneza reconducina cara ao recordo do apuntamento que, como país, nos representa nos apuntamentos de Bárcenas. Somos "Galicia", considerada a xeito global, como achegantes de 1.992.200 millones de pesetas; sen unha matización de persoa física ou xurídica. Para o presunto tesoureiro do Partido Popular na altura eramos como un territorio afastado, descoñecido e agrupable en sete letras. Mentres a pota coce a lume manso vou bebendo un Valtea, que me desagradou por doce de máis. A culpa foi miña por tomalo sen arrefriar abondo, pero non hai sabor dun albariño que non restaure un conxelador. Cando menos, esa orixe é cenuda.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité