Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 février 2013

POESÍA AUTOMÁTICA EN XERUSALÉN


visit palestine

 

Unha vez o Centro Nacional de Inteligencia demostrou tela. Xenerou aquel lema publicitario de 'Vascos, si; ETA, no' como se fose poesía automática que escribían os meus benqueridos Arp, Tristan Tzara e Serner no Odeon ou no Café de la Terrase de Zurich. Daquela houbo un avance do discernimento. Mesmo puiden explicar con menor frecuencia todo o que explicaba dende a infancia cada vez que me preguntaban onde nacera. As visións lonxanas resultan sempre carentes de matices. Un grupo de intelectuais conmina a Antonio Muñoz Molina a rexeitar o Premio Xerusalén porque o entrega o Concello "cerebro e instrumento da colonización ilegal de Xerusalén Oriental". Como cando había patriotas conminando a non comprar en Eroski. O galarón é literario, pero o ensaísta Stéphane Hessel, o músico Roger Waters, os cineastas Ken Loach y Paul Laverty, o poeta Luis García Montero, o escritor John Berger, a escritora Alice Walker e máis o poeta surafricano Breyten Breytenbach, rexeitan acceder ao discernimento. A Historia Universal da Parvicie está contada con vehemencia e xordeira, aínda que ás veces os historiadores sexan intelixentes e coñecedores dos pregues da Terra.

Photo: Jerusalem walk. Michael Biach

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité