Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 février 2013

"PROPOÑO UN XORNALISTA, XOSÉ MANUEL PEREIRO, PARA A RAG"

JOURNALIST

 

Lourdes Varela entrevistoume para o suplemento Culturas do Faro de Vigo co gallo da saída de Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo.  Van dous excersos do que dixen, recollidos polo blog de Xerais: 

[A entrada de Fina Casalderrey na RAG] "paréceme unha decisión pioneira e valente da Real Academia, non ten parangón noutras entidades semellantes. Eu son un dos que defendían un maior número de escritores de LIX e de mulleres na Rúa das Tabernas. Desta volta, Fina Casalderrey, muller e autora de LIX, soubo sentar no momento xusto. Agora a RAG precisa algún xornalista en exercicio. Alegreime moito do ingreso de Manuel Rivas, pero traballa máis como escritor. Eu proporía a Xosé Manuel Pereiro".

"O problema da RAG son os obxectivos. Que sentido ten gastar tanto talento e recursos en estudar as variantes dialectais ou a patronimia se a lingua esmorece? Non había que concentrar esforzos en tratar de fomentar o seu prestixio e o seu uso? (...) Sei que os tempos parlamentarios son lentos, polo que agardei un mes por unha pregunta de Francisco Jorquera ou de Xosé Manuel Beiras no Horreo [sobre o funcionamento da RAG], pero, claro, non calculara a confluencia de dous vectores: a RAG son 'Os Nosos' e non amolan ao Partido Popular."

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité