Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
16 février 2013

AS POMBAS FERIDAS DA XÉNESE

Visit-of-Ronald-Reagan-to-Portugal

Eduard Limónov é un revolucionario de xenética estrana. Non é un burgués contrariado, como Fidel Castro ou o Ché Guevara. Ambos os dous aproveitaron os recursos económicos e formativos da súa condición burguesa para emprendela a balazos contra ela. Limónov sae dos suburbios dunha cidade industrial ucraniana para acabar, con 50 anos disparando a favor do serbobosnio Radovan Karadzic e, con 70, pagando con cárcere a insensatez de tratar de apartar ao neocomunista Vladimir Putin. Enmanuel Carrére vén de consagrarlle unha crónica emocionante con vestiduras de novela, ‘Limónov’ (Anagrama). Nós tamén tivemos o noso limónov. Xosé Manuel Pereiro presentoumo en Monforte un verán. No momento de estreitar a súa man, tan amable como a dun conde de Lemos, non o recoñecín. Era un home canoso que se sentaba dese xeito tan retorto e quebradizo no que as persoas delgadas de ocupar as cadeiras metálicas das terrazas para non mancarse. As súas mans parecían dúas volvoretas brancas enredadas en xogos no aire. Contounos que, paseando por unha fraga, atopara un porcoespiño esmagado por un coche. Ergueu as mans vagarosa e harmoniosamente, coma Yavhé cando collía as pombas feridas da Xénese. O seu proceso de liberación nacional tivo unha inspiración barojiana, espero que non tan esperpéntica como a presentada por Manuel Rivas en ‘Galicia, el bonsai atlántico’ (El País Aguilar). Pero si, Antón Arias Curto lanzouse ao monte cunha radio e unhas latas en modo de vangarda popular. Cando mirou para atrás, soamente unha presada de idealistas confundidos o seguía.

Photo: Visit of Ronald Reagan to Portugal.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité