the-secrect-garden (1)

 

Schopenhauer comparaba a vida cun tapiz. Ata a metade da vida soamente mirarmos a parte de diante, despois soamente damos visto a parte de atrás. Vivimos un tempo parlamentario de tensión continua entre as formas e os contidos. O tapiz do pasado martes n'O Hórreo semellaba aínda máis un decorado de Pratos combinados. O parlamentario de Age David Fernández Calviño exerceu do zoupón Miro Pereira na lectura dunha astracanada. A democracia popular semella ser a divisa do seu grupo parlamentario. Popular no senso de que colleron unha edición en vulgata do regulamento do Hórreo para exercer a oposición. Ben sabemos que a Juan Manuel Fajardo lle incomoda chamar señorías aos outros representantes do pobo, e aínda escoitamos ao seu camarada Xabier Ron falándolles de ti. Agardei polo momento en que lle pedía unha tapa de orella a Miguel Santalices, pero non chegou. Mirando o tapiz que pintan estas actitudes non nos sorprendamos de que unha señora que presume de ter unha bandeira española no seu xardín sexa, asemade, alcaldesa de Madrid. Soamente falta que a regue con intención de que medre.

 Photo: The path to the Secret Garden, in Brere. dtammer.blog.com

(Borrador para un artigo publicado en El Progreso de Lugo)