Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 février 2013

UNHA BOCALADA DE LUME

diaporama,465-Jean-Settour,bar-des-BOF-place-des-I

 

Manuel Jabois citaba aí atrás a Lemmy Kilmister, líder de Mötorhead, cando cantaba aquilo de «foi unha época estupenda o verán de 1971. Non o lembro, pero nunca o esquecerei». Ese verán que non daba continuidade ao outono foi París para os norteamericanos que se pasearon polas ruínas celebrantes da primeira Guerra Mundial. Hemingway vagaba pola capital parisina coma por un afterhours no que a continua sorpresa axudaba a esquecer unha fame que amezaba coa permanencia. Lumen vén de recuperar o seu París era unha fiesta, que aquí se traduciu máis axeitadamente como Unha festa móbil (Sotelo Blanco). Henry Miller atreveuse a aceptar a realidade en Trópico de Cáncer (Galaxia): «París é unha puta. Na distancia arrebatadora, non dá chegado o momento de tela nos brazos; cinco minutos máis tarde, sénteste baleiro». O París dos anos 20 irradiaba daquela cultura, gastronomía e moda, e segue irradiando fascinación. Aquela escena capitalina ten unha boa achega en Abott Joseph Liebling, quen, no seu Fome de París (Edidouro), mira dende dentro dos escaparates dos restaurantes,  ignorando aos esfameados Hemingway e Miller. O cadro non estaría completo sen artistas. Ese París atraeu tamén a Picasso e Juan Gris para envorcaren as teorías sobre pintura coa creación do cubismo. Acantilado traduciu El camino hacia el cubismo, de Daniel-Henry Kahnweilwer. O autor desvela a reacción de Braque diante de Les demoiselles d’Avignon: «Pareceulle como se alguén bebera petróleo para cuspir lume». Ese é o París que legaron: unha bocalada de lume.

 

Photo: Robert Doisneau

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité