Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 février 2013

O CONCEPTO DE HORDA EN SALVA BALLESTA

juan-yanes-nichos2

Salva Ballesta non debe ser adestrador do Celta polo seu españolismo. Non polo españolismo en abstracto, que non debería obstaculizar o desenvolvemento axeitado do seu traballo, senón polo seu xeito concreto, xordo e bronco de exhibirse como español. Ballesta non parece exercer un nacionalismo reflexionado, senón defender a pertenza a España coma unha cuestión biolóxica e non cidadá, como se esta última puidese ser consecuencia directa da primeira. Ser español é "unha evidencia" para este adestrador. Dese sofisma infírese unha aceptación da colectividade cuspidiña á que usaban as hordas para garantir a súa unidade. Unha persoa que desexa amargura a quen sexa cidadán español contra a súa vontade non está capacitada para dirixir un colectivo que practica un xogo absorbido e imitado por milleiros de afeccionados. Carece da educación e da capacidade de respecto que merecen os discrepantes (os rivais no campo, neste caso). O problema non é tanto que considere que España ten preponderancia sobre a súa familia. Iso non deixa de ser un síntoma dunha enfermiza supeditación dun núcleo coñecido de afectos e consaguineidade a un imaxinario político que existe dende hai trescentos anos tal e como se defende na actualidade. Ben pode deixar de existir parcialmente en medio século se vascos e cataláns atopan o xeito e os medios para artellar e financiárense unha existencia independente. Os galegos, tamén os do Celta, ficaremos coma sempre, deixándonos arrastrar polos movementos tectónicos da Historia.

Foto: Nichos. Juan Yanes

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité