Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 février 2013

A IMPORTANCIA ESTÁ NA PABUXADA

classicwinevinegar-56 (3)

A IMPORTANCIA está na pabuxada. Con isto quero dicir que a importancia se atopa no detalle, pero prefiro usar a palabra que me aprendeu Primitivo Iglesias cando aínda militaba na vida seglar de profesor de Galego e non era alcalde da Pastoriza. Pabuxada é a neve lixeira, que pousa e se eslúe antes de callar. A min interésame grandemente a pabuxada cando me dispoño a comer. Gústame saber de onde veñen os repolos ou as xoubas porque son consciente de que o padal está no cerebro. Difire amplamente a intensidade coa que che sabe un alimento se sabes de onde o trouxeron e o vendedor cóntache ese bonito sofisma de «isto non leva nada de química».

(para seguir lendo, en Galiciae)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité