Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
27 février 2013

UNHA FRONTEIRA ABERTA

mafia

 

Falamos dos políticos coma Charlton Heston falaba dos primates dominantes en O planeta dos simios: coma se fosen unha póla distinta dos primates que tivesen evolucionado máis ca nós. Esa evolución tería sido perversa porque cremos que nos explotan. O filósofo alemán Peter Sloterdijk sinala acertadamente en En el mismo barco (Siruela) que «o home é a único ser que explota aos seus semellantes como se fosen doutra especie». Hans Magnus Enzerberger conta en La balada de Al Capone (Errata Naturae) como o mafioso manifestou a súa indignación cando foi detido por vez primeira. Dous axentes federais sorprendérono á saída dun cine en Filadelfia por levar unha pistola. A Warner Bros propúxeralle protagonizar o seu biopic: Enemigo público. Daquela, Capone acordou dos veciños de Cicero, unha poboación de clase media cercana a Chicago: cancelara hipotecas e conseguira empregos. A cambio, designara o alcalde e establecera os seus negocios. Chicago era entón unha fronteira aberta, un lugar onde a economía en B medraba sen reparo legal. «Napoleón foi o gángster máis grande do mundo, pero eu podería superalo nalgúns aspecto», comentou Alphonse Gabriel Capone aos policías que o sorprenderon. Napoleón deixounos un código civil que inspirou a Occidente, Bárcenas legounos un tipo de letra (corrupt script) nas súas presuntas memorias contables; pero de Al Capone nos queda o mito de que unha fronteira aberta, como foi a economía española, permíteche chegares a ser o grande que decidas. Cando menos, a crise serviu de filtro para as vocacións políticas sinceras. Rematado o asedio, fica a gastada vocación de servizo público. 

(artigo completo en El Progreso do 20-03-13)

Photo: Francesco Alberto Sinatra nun encontro con Charles 'Lucky' Luciano n'A Habana (1947)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité