Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
1 mars 2013

A IRA ENCAUZADA DE HESSEL

Brussel_Waterloo_8451_2

A novela de Stendhal A cartuxa de Parma (Galaxia) contén unha escea grandiosa, moi de mirar en cinemascope. Mesmo nese branco e negro francés de 1948 no que a actriz coruñesa María Casares encarna á condesa de San Severina. O mozo Fabrizio del Dongo preséntase a cabalo no medio dunha batalla vestido cun traxe de húsar que lle queda para as medras. O cándido rapaz mira estoupar onda el balas de canón, sente as desgarradas queixas dos feridos, cabalga canda ao mariscal Ney, róubanlle a besta e resulta ferido por soldados do seu idolatrado Napoleón que liscan aterrorizados. Fabrizio asistiu á batalla de Waterloo, o combate de maior soleira que coñeceu a Humanidade, pero non se decatara. Hai un lustro que padedecemos as consecuencias desta crise que abala Europa, pero tardamos un tempo longo en decatarnos que era unha catástrofe que nos atinxía. Unha das persoas que acertaron a orientarse no corazón da néboa, Stéphane Hessel, faleceu onte. A súa chamada remitíanos ao terreo incerto da indignación, pero acertou a encauzala para que tivese como finalidade mudar as regras económicas. A ira, lóxica en tantas persoas angustiadas polas decisións afastadas dos mercados financieiros que lles marcharon co sistema de vida, debe ter unha expresión concreta e meditada para que poida chegar alén dunha reacción tola de dar paos a ao aire. Cando menos, iso foi o que eu entendín a Hessel.

(Artigo íntegro en El Progreso)

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité