
A última vez que falei con Pepe Sancho, eu estaba a resgardo, a dúas horas e media en coche. Chamaba dende Lugo, el contestaba nun hotel de Vigo. Aquela xira de outono do 2009 encarreirase pola miña cidade. Fastidoume non poder ir admirar o seu traballo. Consoleime con entrevistalo. O primeiro que me largou foi que José Carlos Plaza estaba "gagá". Plaza dirixía a peza na que traballaba neses meses. Pregunteille pola evolución que había ter o seu personaxe en Cuéntame: "Hace meses que no hago ese personaje". Sentínme abalado...
[Lire la suite]