
A lembraza de Aymeri de Narbona tenme conmovido nestes días. Protagoniza un cantar de xesta ambientado pouco despois da Batalla de Roncesvalles, que describe por palabras feroces a súa conquista de Narbona. Asentado no territorio que dominou a lume e ferro casa coa princesa Hermenjart, que lle concede a graza de sete fillos. Cada un deles acabará sendo loubado nun cantar de xesta de seu. Acordei de Aymeri cando se me cruzaron as afirmacións medievalizantes do señor xeneral Chicharro e do señor ministro Fernández Díaz....
[Lire la suite]