Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 mars 2013

A CULTURA COMA ÁLBUM DE CROMOS

a68julieta

 

A cultura institucional deste país semella o álbum de Invizimals do meu fillo Antón. Unha vez conseguidos os cromos importantes, trátase de ir enchendo buratos ata completar a colección. As escollas destes días para Agadic e o Día Muller Traballadora teñen esa displicencia. Non contar con escritora algunha do noso sistema literario para homenaxear a Rosalía ten o seu peso simbólico, pero carece de efectos prácticos. Semella, máis ca outra intención, escaso interese da Secretaría Xeral pola Igualdade en revestir o acto do axeitamento preciso. Con todo, paréceme inxusto que esteamos criticando á elexida e non aos electores, cando un acerta asistindo onde o convidan e debe evitar o erro de explicar os motivos de ser escollido. A designación de Jacobo Sutil require unha reflexión máis grave. Un brillo curricular de MBA e un Cesma Bussiness School semella interesante para xestionar un sector que precisa producir recursos de seu se quere garantir o seu futuro. Se descontamos o seu interese polo tenis internacional, o seu coñecemento da escea semella insuficiente, pero agardemos a que se produzan noticias estes días. Teño a leve memoria de que xa lles contei o primeiro que fixo Manuel Fraga ao chegar á Xunta. O día da toma de posesión convocou a cear a dous amigos de vello. Un era Dionisio Gamallo. Sabedor de que ningún dos dous lle aceptaría un cargo, preguntoulles a quen podería chamar para cubrir o franco cultural do seu goberno. Era unha cuestión que lle preocupaba dende o primeiro momento. Fraga coñecía os nomes da vella dereita galeguista e, ao regresar ao país, non daba crido a súa desaparición. En gran parte, el era ideolóxica e politicamente culpable; primeiro, sendo intolerante como ministro de Franco, e despois artellando unha intelixente absorción dos seus postulados para formar a casa común do conservadurismo galego. A dereita culta que el armou con dificultades retirouse ou regresou á esquerda, polo que o Partido Popular de Galicia volve ter o problema de carecer duns cadros mínimos de creadores e pensadores. Hai nomes, pero carecen da entidade e da autoridade intelectual requerible. Entendo que non precisan dela por aritmética electoral, pero sorprende que unha formación política tan firmemente asentada nos sectores máis diversos da sociedade do país, como demostra elección a elección, non dea motivado a ninguén ata o punto de ter que tomar decisións tan estranas.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité