Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
13 mars 2013

A LAMA NA PERNEIRA

sir-arthur-conan-doyle

Sherlock Holmes estaba especialmente dotado para identificar a cotra. Daba concretado o barrio de Londres polos que pasara alguén co mero estudo visual da lama que traía no baixo dos pantalóns ou das saias. A cor e a consistencia valíanlle máis ca unha aplicación de ‘smartphone. Coñecendo a pulcritude e o detalle do seu método de investigación, sorpredéronme as acusacións que o Doutor Watson lle lanza en O ritual Musgrave, que recupera Xerais nunha nova edición dos contos Sherlock Holmes, detective. Anova a versión que publicaran en 1985. Arthur Conan Doyle parapátase tras Watson para arrincar a sacho nese relato: «A pesar da requintada afección que mostraba no vestir, no que respecta aos hábitos persoais, era desleixado». O doutor asume ser «algo máis desordeado do que cómpre a un médico», pero el nunca chegaría a gardar os cigarros na carboeira, a picadura de tabaco dentro dunha chinela persa ou a correspondencia por contestar espetada cunha navalla sobre a cheminea. Ese conto data de 1893, co detective brillando nas librarías e o seu creador dando síntomas de que a ledicia artística e monetaria do éxito empezaba a mudar a cansanzo polo xeito en que soterraba o resto da súa obra. A coherencia do personaxe vese alterada con esas acusacións, pero iso non parece importar ao corazón dun novelista esmagado por verse superado polo investigador que creou. O esgotamento chegou ao punto de que Conan Doyle anima a Moriarty a empuxar a Holmes polas fervenzas de Reinchenbach abaixo. Ben sabido é que os lectores non o deron resucitado, soamente a señora Doyle, nai, logrou.

Foto: Sir Arthur Conan Doyle e unha muller non identificada

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité