Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
19 mars 2013

AS ZORREGADAS DO DRAGADOR

045[amolenuvolette

Michel Serres defende a filosofía como unha intuición que che empuxa a dar forma ao porvir. O pensador francés, que se criou nas beiras do Garona, pon o exemplo de que subas nunca barca nunha beira e de que, aínda antes de atravesar o río por vez primeira, sexas quen de representarte o que has atopar na outra. Serres, membro da Academia Francesa, relaciónase coas persoas máis importantes da súa sociedade. Malia o seu pai. Cando chegaba a casa coas calificacións escolares sabía que lle agardaban unhas zorregadas do proxenitor. O neno acabaría compilando todo o pensamento galo. De feito, aceptou ser académico non polo ben da familia, senón porque o respaldo desa institución lle garantía financiamento para a súa obra magna. Nunca esqueceu o enfado do pai cando lle presentaba o boletín de notas. El era dragador do Garona e o destino do seu fillo Michel estaba escrito na lama do leito fluvial: tería que ser dragador do Garona. O proxenitor non daba asumido que o cativo lle escapaba ao porvir marcado. Quitaba notas excesivamente boas, as mellores da clase. O problema para o pai era de clase, non quería que ascendese socialmente. "Canto máis arriba estás, máis maldade vas atopar", advertía o dragador naqueles anos 40, hai setenta anos, como se a intuición lle amosase estes violentos anos 20.

Photo: Deux constellations personnifieés. Basilique Saint Seurin. Toulouse. www.amolenuvolette.it

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité