Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
26 mars 2013

A NECESIDADE DUN MODELO ALONSO MONTERO NA RAG

 

Nixon_leaving_whitehouse

 

O debate sobre a dimisión do presidente da RAG rematou a xeito dun intento de substitución do nepotismo polo cainismo, como se fosen unidades de medida relacionables nunha comparación. Ferrín retirouse ao Castel Gandolfo do debate cernudamente teórico de centro sociocultural, sen responder ao que se lle preguntara. Son malos tempos para as empresas familiares, pero as contas deben presentalas. Os ferrinianos armaron un Ballo in maschera que sabería delicioso á alma dramática de Verdi. Erixiron unha conspiración de dimensións  pedrojotianas tanto polo número de vectores malignos concorrentes como pola súa disparidade -que os leva a ser mesmo opostos-: CCG, ILG, ABC, Galaxia, CxG, Sermos e Bloque citáronse nas catacumbas para apuñalar o rei no violento minuet académico. O expresidente ergueu a cabeza e asemade o puño nun xesto sobreactuado para auparse de novo ao estrato elevado do mítico. Lembroume á vella imaxe de Nixon dimitindo entre a familia e un busto de Lincoln, aínda que o escritor nacional nunca diría  aquilo de: "O máis doado, para min, sería acusar a aqueles nos que deleguei a responsabilidade, pero sería unha covardía. Foi o sistema quen quitou os feitos á luz". O héroe soamente redondea a súa perfección se se apón un contrapunto, un malvado. Sobre esa base foise construíndo unha estrambótica teoría da incomodidade de Ferrín para os gobernantes que se pretendeu casar coas boas formas con Feijoo (lóxicas), os abrazos á iconografía barroca dos Baltares e os sorrisos tenros co sorprendente aspirante. Marchados uns días, mentou a Franco Grande por non atreverse a mentar o Elefante Branco, pero rebaixou a dignidade do primeiro ao deostalo de man executora. Asemade, proclamou a independencia da Academia, coma se as procesións petitorias de cartos públicos non fosen abondo negadoras desa pretensión. A retirada a illa de Santa Helena veu seguida dunha xogada inesperada e mestra: Manuel González, o tesoureiro da RAG responsable do presuposto no que había que crer por dogma de fe para evitar a acusación de ser un "conspirador de extrema dereita", será candidato a presidir a institución. Como investigador ten importancia innegable; como poder simbólico, concedámoslle un peso welter. Non engana a ninguén: ameazou cunha "xestión continuísta" na que "non haxa dúbidas sobre a transparencia". Deliciosa contradición se revisamos a orixe da censura ao expresidente. Ao cabo, a súa vitoria sería a derradeira vitoria de Ferrín: marcharía exhibindo desafío, coa caixa forte da súa xestión pechada e deixando unha sombra no goberno. Afortunadamente, xurdiu unha alternativa de entidade, Xesús Alonso Montero. O profesor é un intelectual de discurso diáfano e contundente que achegaría o prestixio de décadas na reconstrución do noso sistema literario dende o Rexurdimento. Soamente cumpriría pedirlle que escribise no seu ticket o nome dun número dous con sabedoría xestora e que puxese en marcha un plan Marshall de anuencia, cando menos estratexicamente temporal, entre as diversas Academias Galegas.

Photo: Richard Nixon departing the White House after resigning. Oliver F. Atkins

 

Publicité
Publicité
Commentaires
A
Caro Santiago: deberías clarificar "importancia innegable" na liña 26, para os descreídos (eu mesmo, por exemplo).
Répondre
V
Escoite que Manuel González e Axeitos tamén teñen fillos na RAG paréceme un escándalo. González ademais vai de sedutor coas alumnas nos congresos. Parécenme defectos bastante graves sobre todo o nepotismo baltarismo. Mágoa de país!!!
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité