DRIFT CON LUCES AMPUTADAS
Daba un drift por Lugo cando vin a Jaime Castiñeira. A pedantería do drift linlla ao pintor Bacon, en (Acantilado). Vén sendo camiñar sen rumbo. O concelleiro lucense atendía a un operario que lle contaba que un condutor con présa batera contra un semáforo na Horta do Seminario. O empregado debía repoñer aquel aparello amputado que algúen levara por diante rabenándoo coma Reis Católicos fixeron coa nosa nobreza. Sempre admiro aos empregados das empresas de sinais porque o seu traballo repón o cosmos na anarquía rodada que todo automobilista desexa. Seguín camiñando e saudei a Raquel Arias en Santo Domingo. A expresión da delegada da Xunta era a urxencia. Tanto o drift, un paseo sen semáforos, como a liberdade de escoller contertulio son as vantaxes que nos distinguen dos políticos. Non entendo por que a súa ocupación é tan desprezada, cando nin sequera lles permite administrar o tempo. Tanto sobre unhas horas como sobre décadas. Botei uns anos observando o xeito cauteloso no que Besteiro quentaba para ser candidato á secretaría xeral do PSdeG. Trataba de adiviñarlle os motivos que o retiñan para decidir o momento axeitado no que atravesar a rúa sen un semáforo que lle garanta non ser atropelado. En política, a oportunidade de cada aspirante é única e irrepetible. Admíroume o acerto. O instinto de saber agardar tamén nos diferenza dos políticos. Unha virtude ao seu favor.
Photo: Los Angele's famed semaphore traffic signals replaced (1956)
(artigo completo en El Progreso)