Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
30 mars 2013

FANTASIANDO CUN MUNDO IDEAL

George-Romney-Worlds-Fair

 

Beatriz Mato viuse sorprendida pola resistencia dos galegos a ter alén dous fillos nunha situación socioeconómica e familiar "ideal". Imaxinar unha situación de estabilidade laboral require moita concentración, como debería sospeitar a conselleira. Mato informouse por unha enquisa que abrangue dende persoas que teñen 18 anos e adoitan comprar Control Sabores na farmacia do barrio, a persoas de 65, que contestarían máis aqueladamente a unha pregunta sobre o número de netos que desexan que lles manteñan os fillos. Nunca entendín por que a demografía é unha angustia que agobia a Occidente cando imaxina o seu futuro pensionado, pois abondaría con favorecer movementos de poboación de territorios onde a pobreza é a experiencia diaria para manter erguida a pirámide das pensións. Con todo, Xunta armou un plan para propiciar milleiros de nacementos nos vindeiros anos. Moitas das propostas son positivas, pero seica os nosos gobernantes descoñecen que a vida, nestes tempos de investigación médica desenvolvida, avanza moito máis aló da primeira infancia. Ter fillos require inconscencia, confianza excesiva na sorte ou un espírito de aventura temerario para afrontar as vindeiras décadas.

Photo: George and Mitt Romney. 1964

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité