dimanche 31 mars 2013

MADRID NUNCA DISPARA AO AIRE

Pachi Vázquez lanzou unha zaranda hai tempo. "Feijoo e o narcotráfico andan aí, aí". Eu tomeino por manobra distractora de campaña electoral, pero emisor e receptor comprenderon o transfondo da mensaxe. As fotos de Marcial Dorado con Feijoo a bordo que se publicaron hoxe reconducíronme a Jacinto Rey con Anxo Quintana a bordo. As carreiras políticas en Galicia empezan a parecerse por comezaren con prestixio ético e remataren na cuberta dun iate cumprido de eslora. Con todo, as actividades de ambos os patróns son... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:42 - Commentaires [8] - Permalien [#]

samedi 30 mars 2013

FANTASIANDO CUN MUNDO IDEAL

  Beatriz Mato viuse sorprendida pola resistencia dos galegos a ter alén dous fillos nunha situación socioeconómica e familiar "ideal". Imaxinar unha situación de estabilidade laboral require moita concentración, como debería sospeitar a conselleira. Mato informouse por unha enquisa que abrangue dende persoas que teñen 18 anos e adoitan comprar Control Sabores na farmacia do barrio, a persoas de 65, que contestarían máis aqueladamente a unha pregunta sobre o número de netos que desexan que lles manteñan os fillos. Nunca... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:11 - Commentaires [0] - Permalien [#]
vendredi 29 mars 2013

DRIFT CON LUCES AMPUTADAS

  Daba un drift por Lugo cando vin a Jaime Castiñeira. A pedantería do drift linlla ao pintor Bacon, en  (Acantilado). Vén sendo camiñar sen rumbo. O concelleiro lucense atendía a un operario que lle contaba que un condutor con présa batera contra un semáforo na Horta do Seminario. O empregado debía repoñer aquel aparello amputado que algúen levara por diante rabenándoo coma  Reis Católicos fixeron coa nosa nobreza. Sempre admiro aos empregados das empresas de sinais porque o seu traballo repón o cosmos na... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:51 - Commentaires [0] - Permalien [#]
jeudi 28 mars 2013

VIVIR ARREDOR DO FÍGADO

  Chritopher Hitchens asegura nas súas memorias, Hitch-22 (Debate), que un amigo xudeo lle contaba que o fígado representa para ese pobo a unión de pais e fillos por ser o órgano máis pesado. Non me atrevo a dubidar do que conta o xornalista, por moi esaxerado que o vexa; menos, tras ler a Abbott Joseph Liebling aprezando nos anos 60 que «dende que os médicos franceses descubriron a existencia do fígado, a vida gala vén sendo construída arredor dese órgano». Denunciaba en Fome de París (Ediouro) que «a cautela corrosiva... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:27 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 26 mars 2013

A NECESIDADE DUN MODELO ALONSO MONTERO NA RAG

    O debate sobre a dimisión do presidente da RAG rematou a xeito dun intento de substitución do nepotismo polo cainismo, como se fosen unidades de medida relacionables nunha comparación. Ferrín retirouse ao Castel Gandolfo do debate cernudamente teórico de centro sociocultural, sen responder ao que se lle preguntara. Son malos tempos para as empresas familiares, pero as contas deben presentalas. Os ferrinianos armaron un Ballo in maschera que sabería delicioso á alma dramática de Verdi. Erixiron unha conspiración de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:37 - Commentaires [2] - Permalien [#]
jeudi 21 mars 2013

ARCEA LISTA PASO A PASO

  José, que ten como alumna unha filla no mesmo colexio ca os meus cativos presentoume hai un par de semanas un suxerente dilema sobre o escabechado. Xa fóra do adrio escolar, prendimos a falar sobre gastronomía, que entre descoñecidos ten unha prestancia ben maior ca falar sobre o clima. José citoume a arcea como motivo de orgullo no panorama da súa actividade cinexética, indicábame o seu costume de escabechala para, logo, confesarme o seu reparo sobre ese apagón dos sabores que provoca esa prebe tan... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 19:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 20 mars 2013

UN COLCHÓN, UN EDREDÓN, BOTELLAS DE AUGA

  HAI LETRAS DE cancións que nos axudaron a desenvolver o imaxinario. A min aconteceume con aquilo que cantaba Raffaella Carrá: «Y se encuentra una mujer (qué dolor, qué dolor)/ dentro de un armario (qué dolor, qué dolor)». A raíz dese retrouso, dei armada toda unha teoría sobre a posibilidade que unha persoa vivise no interior dun armario; por vontade propia, evidentemente. Pero foi a realidade mellorou a miña hipótese de traballo cando un xaponés de Toquio empezou a botar en falta comida na súa neveira na primavera de 2008.... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 13:53 - Commentaires [0] - Permalien [#]
mardi 19 mars 2013

AS ZORREGADAS DO DRAGADOR

Michel Serres defende a filosofía como unha intuición que che empuxa a dar forma ao porvir. O pensador francés, que se criou nas beiras do Garona, pon o exemplo de que subas nunca barca nunha beira e de que, aínda antes de atravesar o río por vez primeira, sexas quen de representarte o que has atopar na outra. Serres, membro da Academia Francesa, relaciónase coas persoas máis importantes da súa sociedade. Malia o seu pai. Cando chegaba a casa coas calificacións escolares sabía que lle agardaban unhas zorregadas do proxenitor. O neno... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:38 - Commentaires [0] - Permalien [#]
lundi 18 mars 2013

OS PLANOS DE 'O VELENO DA RISA. UN MISTERIO PARA TINTIMÁN EN LUGO'

A vindeira aventura de Tintimán -tras as de Santiago, A Coruña e Vigo- transcorre en Lugo. O seu título provisorio é O veleno da risa. Nos tres ultimos meses estiven traballando a trama central: aparecen os planos orixinais da Muralla Romana e, coma se espera deste mundo perverso, un malvado quere facerse con eles. O alcalde, López Horacio, pide auxilio a Tintimán, o reporteiro máis novo de Europa e Indonesia, o xornalista máis audaz de Galicia, para que lle axude a investigalo. Tintimán ten que solucionar o misterio antes que o... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 00:15 - Commentaires [0] - Permalien [#]
dimanche 17 mars 2013

UN COSTUME VINTAGE

  As esceas que máis me prestan da película Marcado por el odio son esas nas que os amigos e veciños do boxeador Rocky Graziano seguen pola radio a evolución dos seus combates. Esas voces hertzianas remiten a un mundo antigo, no que a información circulaba por medios menos explícitos, no que se confiaba todo a un narrador. Eses xornalistas era quen de recrear en nós un pavillón polideportivo no que dous homes se golpegaban cun poderío que soamente o pintor George Bellows deu plasmado. Esa inquedante fascinación volveu... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 11:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]