Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
3 avril 2013

CITAS FAMOSAS: "SI"

cafe sole (1 of 3)

 

O xornalista Henry Stanley recibiu en outubro de 1869 un telegrama do New York Herald na súa pensión da rúa da Cruz, en Madrid. Había cinco anos que ninguén sabía de David Livingstone, que chegara a África en 1841, e debía atopalo. Stanley deu con el no lago Tanganica. A sorpresa non foi tanto atoparlle a pista coma saber que estaba vivo. «Teríao abrazado, pero non sei como o tomaría», confesa o periodista, quen resolveu preguntándolle: «O doutor Livingstone, supoño?» O interpelado, ignorando que a resposta podería figurar nas complilacións de citas famosas, contestou: «Si». Esta semana cumpríronse os douscentos anos do nacemento de Livingstone e eu celebrei a súa furia aventureira, ese empeño por ir un pouco máis alá, tomando unha infusión nunha teteira de terracota Henry Watson. A súa propaganda ‘vintage’ anuncia que é «ideal para casa e safari». Confeso que a miña merqueina en Vigo, nunha tarde na que chovía como fai inopinadamente na Sabana africana. Canda o té, preparei a lectura das memorias de Livingstone: ‘Viajes y exploraciones en el África del sur’, que publicou Eduardo Riestra en Ediciones del Viento. No texto, vai traslucindo que a preocupación de Livingstone non reside tanto en descubrir a fonte do Nilo —aínda que adoitaba amosar a cicatriz que lle provocara un león— como en asolagar de anglicanismo unha terra que podería sumar moito na comparacións da influencia das relixións e, sobre todo, en abrir rutas para quitar materias primas e devolver produtos. Non esquezamos que os misioneiros anglosaxóns nunca perdían de vista as súas motivacións principais.

Photo: My life in 365 days

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité