vendredi 5 avril 2013

IOGURES SEN CADUCIDADE

A falta dunha discrepancia matrimonial de envergadura, a muller retiroume as latas de atún con aceite. Síntome como cando o médico receitou a Marcel Curnonsky leite con galletas. Era o Príncipe dos Gastrónomos do París de entreguerras. Os mellores 80 restaurantes da cidade reservávanlle unha cadeira cunha praca. O atún enlatado que gasto agora é ao natural, como se tivese algo de natural escorrer auga brancuxenta. A muller trata de convencerme de que é «san». Non atopo nada salubre en que se me axiten os catro líquidos humorales que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]