Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
6 avril 2013

BOXEAR CONTRA EDITADOS

Freddie_Mills_-_Boxing_toy

 

Scott Fitzgerald tíñalle lei a Hemingway. Especialmente dende que o liberara da psicose de que o órgano do seu corpo máis importante era dunha lonxitude inferior á media. Hemingway conduciuno por museos nos que había esculturas clásicas para convencelo da súa proporción áurea. Norman Mailer conta en América (Anagrama) que, en agradecemento a esa acción paternal, o gran Gatsby loubaba sempre ao seu protector. Vítima do seu entusiasmo foi o escritor canadiano Morley Callaghan, quen tivo que escoitarlle que Hemingway boxeaba tan ben coma un campión mundial de semipesados. Unha tarde do verán parisino de 1929, os tres reuníronse no ring do American Club. Hemingway medía vinte centímetros e pesaba vinte quilos máis, pero non impresiounou a Callaghan. Fitzgerald manexaba o cronómetro. O segundo asalto prolongouse tanto que Hemingway acabou esgotado. Baixou os brazos e daquela Callaghan meteulle unha poderosa puñada na parte baixa do queixo. O seu rival, que sería campión planetario de intentalo, caeu para atrás e perdeu. O asalto durara un minuto máis do regulamentado por un despiste do cronometrador. Nese tempo tamén andaba en París o xornalista Abott Joseph Liebling; andados os anos, colega de Mailer no The New Yorker. En Fome de París lembra que, sendo boxeador afeccionado, sabía das pelexas de Hemingway e Callaghan no American Club. Liebling, natural de Chicago, marchara a París atrás dos seus escritores favoritos. A pesar de admirar a Hemingway, nunca se atreveu a achegarse ao local "porque non creo que quixese boxear con alguén que non tivese publicado libros". Ao cabo, aforrou de ver o seu mito caído na lona.

Photo: Freddie Mills Boxing Toy

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 427
Publicité