Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
7 avril 2013

PRIMAVERA (E AS FLORESTERÍAS PECHADAS)

 

Smithson_At Last

 

Carlos Floriano ergueu á irrefutable "forza dos votos" como enerxía moral superior a calquera outra consideración, como a carraxe pola entrega obrigada do domicilio, e asemade como elemento persuasor para quen se propoña alterar a orde pública. A "forza dos votos" floriana é aplicable para que todos respectemos os gobernos electos, tamén ao actual español, pero non pode ser unha canga tetranual que debamos soportar en todo momento e circunstancia. Jan Patočka explicaríalle, como fixo nun seminario clandestino de filosofía que impartía no comedor da casa, que "dicir non é amosar que a liberdade tamén é negativa, é amosar a grandeza desa grandeza negativa". Patočka morreu horas despois dunha prolongada sesión de interrogatorio salvaxe da policía checa. O goberno -unha tiranía comunista inequiparabale á democracia española- ordenou pechar as floresterías no día do seu enterro, o 13 de marzo de 1977. As flores semellan inocuas, pero son símbolos. A primavera aínda tardou en volver a Praga.

Photo: Smithson at last. Lenscraht

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité