Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 avril 2013

MARGARET NA GUILLOTINA?

Chatterley_Whitfield_Rescue_Team (1)

 

Margaret Thatcher respondeu hoxe a Morrisey: "When will you die?", preguntáballe en Margaret on the guillotine. Os young canibals ribadenses dos 80 estabamos certos de que os mineiros que camiñaban en paralelo solidificados polos seus brazos enganchados levaban a razón toda. Sentíamos un entusiasmo xordo cando os Simple Minds, inmensos daquela, tocaban para que a caixa de resistencia pesase unhas libras máis. Eu fun vivir a Asturias. As folgas xerais eran as dos mineiros cunha formación breve e ocasional, cuxo futuro negro eran retirada aos cincuenta cunha pensión superior ao soldo dun médico sometido a nove anos de formación intensa e outros tantos de experiencia laboral. Adentrábanse en Oviedo a reas, anunciándose con petardos selvaxes, rebentando as vidreiras dos bancos e irrompendo con carraxe nos bares de peches semibaixados. Os comerciantes pechaban segundo os sentían no horizonte. En terra de lobos ouvea coma todos. As folgas xerais doutros sectores nunca pechaban as minas, eran mansas de todo. As dificultades económicas de outros traballadores era problemas de superficie, que ficaban po riba da boca da mina. Os traballadores das Pontes deberían preguntarse por que Thatcher pechou as minas, eles comprenden o sentido de botar cartos pola boca da mina abaixo mentres perden uns empregos que poderían ter futuro branco.

Photo: Charlie Whitfield Rescue Team

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Grazas, temín que me diría que era insolidario cos mineiros sen cualificación xubilados aos 40 anos con 2.100 euros aos mes
Répondre
C
Polo que vexo, non deixa de ser vostede un reaccionario simpaticote.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 567
Publicité