Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
10 avril 2013

UN NOME NADA INUSUAL

MichaBar-am[4]

 

Andy Warhol paseaba unha mañá por Nova York cando cruzou unha rapaza con “dous tons de pel” que o fascinaron. Cambiou de dirección e seguiuna ata que a perdeu de vista. Ao cabo dun mes consultou cun médico se o seu convencimento de que esa breve e inesperada persecución podería ter causado que aparecen na súa pel dous tons idénticos. A imitación non deixaba de ser unha paranoia de Warhol, como sinala o psicanalista Darian Leader no seu libro ¿Qué es la locura? (Sexto Piso Editorial). O propio Leader atendeu na súa consulta de Londres a un home, respectado no seu traballo e respectable pai de familia, que lle confesou a súa obsesión con que as persoas que se chamaban coma el, "un nome nada inusual", compartían tamén as súas características emocionais e os seus mesmos intereses. Silvano Arieti denomina psicose branca a este inmensa masa de persoas -el nos inclúe a todos- que padecemos algunha psicose sen sermos conscientes. Leader refrenda esa teoría e mesmo a reforza cunha segunda experiencia clínica. Unha administrativa dunha empresa desenvolveu o convencemento de que un compañeiro de traballo a contaxiara cun virus nunha xuntanza na que botou todo o tempo tusindo. A súa convición tiña un fundamento físico: o seu corpo experimentara cambios notables dende aquela. Afondando na infancia da paciente, Leader puido saber que a súa nai lle quitaba as pebidas das uvas para que non tivese a menor percepción do que podería ser o sexo. A regra deixara de presentarse mensualmente e Leader explicoulle o motivo e tamén o feliz virus que medraba no seu interior. O autor razoa que, de non contarllo, esas persoas pasarían sempre por cordas. Dito doutro xeito, en palabras dous doente seu, "no meu interior son omnipotente; cara aos demáis, diplomático".

Photo: Micha Bar-am

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité