Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
11 avril 2013

O ÁTOMO PRIMITIVO EN CATALUÑA

1_Jack

 

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña impón que, se os pais dun único alumno solicitan que o cativo reciba as clases en español, os seus restantes 24 compañeiros terán que recibilas no memos idioma. Implantar unha vontade sobre a vontade dos pais doutras dúas ducias de rapaces non parece nin de xustiza nin superior. Os proxenitores do neno esixente sinalan negativamente ao fillo de cara o conxunto do colexio, a maiores de negarlle a oportunidade de aprender unha lingua e todo o sistema de cultura que artella. O seguinte paso será decretar que se subvencionen os centros que segregan por sexos -algo que, afortunadamente evitou o Tribunal Superior do noso país porque pouco que lle chiste á Xunta-. O temor que me nace como pai é que se xere en Galicia un movemento creacionista que reclame explicacións sobre a evolución das especies guiado pola letra estrita da Biblia. Non debería esquecerse que o primeiro en bocexar a teoría do Big Bang foi George Lemaître, cando deu nome ao átomo primitivo en 1927. Era sacerdote.

Photo: Farmer Twins, Stineville, IndianaJack Welpott Legacy Trust

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité