samedi 13 avril 2013

O PELO LOURO, O OFICIO MATERNO

Descubrín o clasismo na adolescencia. Tratei de prender fala cunha rapaza. Ela explicoume que era moi «normal»—usou esa palabra tan anuladora— por ser fillo dun profesor e pretender á filla dunha perruqueira. A min, o que me atraía dela era o pelo louro, non considerara o oficio materno. Daquela reparei en que un núcleo tan cativo coma Ribadeo estaba estratificado en varias clases sociais: os fillos dos mariñeiros que tiñan reparos para entrar na cafetería La Bugalla; a muller do médico que soamente abandoaba a clausura de alta... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 10:24 - Commentaires [0] - Permalien [#]