Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
14 avril 2013

COSPEDAL LEU ERRADAMENTE A HEIDDEGER

nazis

Que me desculpe Cospedal, pero creo que non entendeu a Martin Heiddeger. A secretaria do PP españoabronca os escraches colocándoos na categoría de "nazismo puro". A señora ignora que a teoría do arraigo de Heidegger resultou un dos argumentos máis frecuentados polos nacionalsocialistas. Os principais grupos étnicos que enviaban aos campos de concentración -explícao André Glucksmann cando analiza ao colega alemán- eran colectivos desarraigados: xudeos e xitanos. Os participantes en escraches defenden valores que favorecen o arraigo: a vivenda e o aforro. Esas protestas son incómodas, pero tamén inxustas na maioría das súas oportunidades. Violentan a tranquilidade de políticos que nada tiveron a ver coa cesión do albedrío sobre a propiedade feita polos lexisladores aos bancos. Eses representantes teñen a súa liberdade rabenada, pero tanto polos protestantes como polos seus grupos políticos, que os costrinxen co autoritarismo disimulado como disciplina de partido. Dende logo, favorece o arraigo nas súas formacións. Non está de máis que Cospedal pasee Berlín para descubrir o símbolo que chantaron hai una anos nas beirarrúas diante de moitos portais: unha praca dourada cos nomes dos deportados nese edificio. Sobre Heidegger, nada positivo podo expresar tras ler a Gluksmann denunciar que o único do que se arrepentiu foi de confiar en Hitler; non pola vesanía, senón porque "non estaba á altura do que agardaba del". Ben, si, hai algo positivo: Fernando Nolla conta que lle prestaba o xamón que un colega da universidade de Frizburgo lle levaba dende Galicia.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité