Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
15 avril 2013

DYLAN NO CHELSEA HOTEL

hotel chelsea

 

TODOS VOSTEDES coñecen, con maior ou menor procacidade no detalle, a historia que conta Leonard Cohen na letra de Chelsea Hotel. Falo da lembranza do cantante a respecto dunha cama desfeita e unha limusina agardando a Janis Joplin. Eu sonlles da versión de Jabier Muguruza. A fachada dese hotel de Nova York —A Vella Dama da Rúa 23— aparece debuxada por Paul Hogart na capa de Mi Nueva York(Marbot), o escarallante libro do irlandés Brendan Behan. No texto, o escritor cita varias veces o hotel Chelsea, facéndoo con especial detemento e cariño cando se refire ao poeta galés Dylan Thomas. «Díxome a súa dona, Caitlin, que alí se sentiu máis feliz ca en ningunha outra parte», asegura. A coruñesa Iria Rebolo empeza a andaina da súa editorial, Siberia, coa feliz recuperación de Cartas de amor, de Thomas. O libro comeza coas primeiras cartas bravas do rapaz impertinente de 19 anos, en 1934. Aínda hoxe impresiona o desprezo co que se refire a outros aspirantes a ocupar un espazo nos suplementos literarios da prensa: «Hoxe en día chámase poeta a calquera persoa que se atreve, cun coñecemento insuficiente da lingua inglesa e unha afectación propia de Marie Corelli, a esparecer dúas ou tres imaxes brillantes en forma de verso». Ignoro se Behan leu este fragmento dunha misiva, pero defendía que «a marabillosa obra de Dylan Thomas queda escurecida polas súas aventuras no terreo da bebida». O derradeiro texto de Cartas de amor data de xuño de 1953, uns meses antes da tarde de novembro na que Thomas limpou 18 vasos de wishky confesados e subiu a un taxi para morrer no sonado hotel Chelsea.

Publicité
Publicité
Commentaires
J
Hai moitos blogs moi interesantes que falan de autores galegos. Sinto non atender aos seus intereses, pero neste espazo escribo sobre os meus. Non se trata de algo premeditado, senón de que hai lecturas que me atraen máis ca outras. Se segue o Cabaret, cousa que lle agradecería, verá que fago referencias a libros ingleses, franceses, alemáns, norteamericanos e xaponeses. Todo moi primeiro mundo. Non busco incomodar a ninguén, é que xa me dei de baixa do sistema literario galego e trato de ser coherente.
Répondre
S
teña coidado de non comenta un díar por despiste algún autor galego, sería terrible.
Répondre
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité