lundi 15 avril 2013

DYLAN NO CHELSEA HOTEL

  TODOS VOSTEDES coñecen, con maior ou menor procacidade no detalle, a historia que conta Leonard Cohen na letra de Chelsea Hotel. Falo da lembranza do cantante a respecto dunha cama desfeita e unha limusina agardando a Janis Joplin. Eu sonlles da versión de Jabier Muguruza. A fachada dese hotel de Nova York —A Vella Dama da Rúa 23— aparece debuxada por Paul Hogart na capa de Mi Nueva York(Marbot), o escarallante libro do irlandés Brendan Behan. No texto, o escritor cita varias veces o hotel Chelsea, facéndoo con especial... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 18:18 - Commentaires [2] - Permalien [#]