Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
18 avril 2013

O HIT PARADE DA DOMINACIÓN

NewYork-NewYork

Cada vez que a cabeceira de Occidente sufre un atentado selvaxe, asisto horrorizado ás apreciacións compensatorias dos redentores dos parias que, na comparanza, viven coma sultáns do swing en Europa. Lémbrannos o desprezo violento das forzas armadas occidentais e dos mercenarios polas existencias dos anónimos miserables de Oriente cunha recitaxe dos hit parades da dominación: Afganistán, Iraq, Siria, Libia,... Dan a entender que un mal compensa outro, como se calquera cidadán de calquera idade e implicación houbese de responder por decisións tomadas polas elites da súa sociedade, uns acordos que nin coñece. A xustiza, cando é poética, non é xustiza. Na outra banda, na dos admiradores acríticos, asistimos ao canto inmoral de que "os norteamericanos únense cando lles atacan" situándonos como exemplo de patriotismo que debería emularse. Os norteamericanos non se unen por devoción nacional, senón por sabérense vítimas potenciais dun atentado que non se guiará por outra lóxica ca pola lóxica da súa nacionalidade.

Photo: Martin Scorsese und Kamerateam bei den Dreharbeiten zu New York, New York (1977). Harry Ransom.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité