Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
20 avril 2013

A OPCIÓN POLÍTICA DE COMPRAR UN BAÑADOR

tumblr_m8z8bn6q2W1qlo2foo1_1280

Leo Strauss afirma en ¿Qué es filosofía política? (Guadarrama) que hai actos inocuos politicamente, "como comprar un bañador". No tempo pasado dende 1968, cando o escribiu, o mundo experimentou un cambio brutal: naceu Zara e desenvolveuse. Comprar hoxendía un bañador fabricado por Amancio Ortega ou non compralo é un acto político. Porén, actos que semellan evidentemente políticos, non o son. Botei a tarde toda no Club Fluvial mirando bañarse aos meus cativos e lendo tweets sobre "o trasvase de poder dentro de AGE" que se deduce da caída de Ferrín e o ascenso de Alonso Montero. A maioría dos comentarios abeiraban un contido ideolóxico, entendo que polo perfil do presidente dimisionario e mais o do presidente elixido. Discrepo. Neste caso penso que ten máis trascendencia política que o novo mandatario anunciase que deixaría de facilitar a publicidade de Audi no ABC en beneficio da publicidade de Renfe ca súa actitude cara á Xunta. Por moito que desafiase Ferrín en campaña electoral, mantivo unha mansedume institucional exquisita durante o seu mandato. Probablemente, Alonso Montero vai resultar menos amable a Xesús Vázquez, porque o seu discurso non busca tanto o mitin coma o fondo. Nada ten que perder porque non arrisca a condición tumefacta de "clásico en vida". O presidente entrante chega con dúas propostas interesantes: Margarita Ledo e Henrique Monteagudo, tan dispares en ideoloxía como iguales en valía. Poden axudar ao responsable da RAG alixeirar toda ese solemne decimononismo coa que a revestiu o antecesor. Mágoa que Xosé Luís Regueira, non menor talento, ficase na oposición. Tanto el coma Rosario Álvarez poden facer unha achega determinante na necesaria fusión da RAG co seu mellizo, o Instituto de Lingua Galega. O desafío máis urxente do novo goberno da RAG é recuperar o prestixio da entidade -tan magoado polo modelo xestor de empresa familiar-, que ten como primeira fase unha política de comunicación aberta a todos os medios, alén os dous amigos da anterior directiva. O programa dos vencedores reserva un apartado para ese cambio. Agardo que a Real Academia Galega empece a facer política.

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 416
Publicité