dimanche 21 avril 2013

CHEIRO A TERRA NA FIN DO DÍA

Margaret Atwood definiu axeitadamente a actual estación do ano: «En primavera, vostede debe rematar o día cheirando a terra». A escritora, tan merecedora do Nobel como veces foi candidata, vén de publicar Un día es un día, unha compilación de contos preparada por Lumen para a súa publicación en español. No mundo da súa nenez, no ámbito rural de Canadá, a primavera era un cambio constatable, e non un anuncio de Meteogalicia ou un capricho dos xardineiros. O pai de narradora do conto Infancia usaba sombreiro «para que as cousas que... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 23:10 - Commentaires [0] - Permalien [#]