VLADIMIR NABOKOV

 

A partires deste ano decidín deitarme antes de que asome a Lúa. Gustaríame usar a fórmula de Michel Houellebecq na invernía, quen marcha para a cama ás catro da tarde canda un bordeaux e unha boa novela, pero o meu oficio impídemo. Aínda así, identifiqueime co que lle contaba Vladimir Nabokov a Bernard Pivot, un sabio xornalista cultural ao que albisco en twitter tras a súa xubilación. Pivot, figura dourada da televisión francesa, houbo de dobregar toda a súa dignidade para que o escritor ruso se lle achegase ao estudo de Apostrophes. "Destas horas -confesou Nabokov- adoito estar baixo o edredón sobre tres almofadas baixo a cabeza. Daquela comeza o debate interior: tomar ou non somnífero. Que deliciosa é a decisión positiva!"

Bo aniversario, gaspadín Nabokov!

Photo: Vladimir Nabokov (1968). Pilippe Halsman