mardi 23 avril 2013

BAIXO O EDREDÓN, SOBRE TRES ALMOFADAS

  A partires deste ano decidín deitarme antes de que asome a Lúa. Gustaríame usar a fórmula de Michel Houellebecq na invernía, quen marcha para a cama ás catro da tarde canda un bordeaux e unha boa novela, pero o meu oficio impídemo. Aínda así, identifiqueime co que lle contaba Vladimir Nabokov a Bernard Pivot, un sabio xornalista cultural ao que albisco en twitter tras a súa xubilación. Pivot, figura dourada da televisión francesa, houbo de dobregar toda a súa dignidade para que o escritor ruso se lle achegase ao estudo de... [Lire la suite]
Posté par Jaureguizar à 22:25 - Commentaires [2] - Permalien [#]