dalí 1

Hai un momento na súa vida no que Salvador Dalí decidiu converterse en espectáculo, finxindo excentricidade. Case que ao primeiro da súa carreira. Nese mesmo intre histriónico deixou de interesarme. Sei distinguir entre un artista e súa arte. Que Dalí considerase a Franco "un santo, un místico, un ser extraordinario" soamente me fai dubidar entre se Dalí era parvo ou miserable. Sinto unha forte tendencia a acreditar no segundo. No en tanto, podería salvar a súa obra se certamente atopase algún interese nela. O creador catalán sitouse na categoría do surrealismo, un estilo que perdeu o seu carácter paródico dos primeiros tempos no Cabaret Voltaire nunha transición a excusa para facer pasar por reflexión artística calquera remexallo de elementos inconexos. Canto mal fixeron as especulacións de Freud! Non deixo de lado a facilidade que ten a produción de Dalí para ser intuída por calquera lego en arte. Cando xanto nalgún restaurante chinés sempre me parece identificar de esguello unha obra dese señor que o Reina Sofía pretende facer pasar por xenio coa mostra que abriu.

Photo: Halsman looks at Dalí (1954). Yale Joel