Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
29 avril 2013

CRIATURAS PASIVAS DADAS Á RUTINA E Á PERSEVERANCIA

robert frank london 1952

Faise simpático atopar vellos xornalistas nunha historia do Novo Periodismo como ‘La banda que escribía torcido’, de Marc Weingarten, que nos ofrecen en novidade Libros del K.O. O volume repasa como a literatura foi filtrándose no xornalismo na América da segunda parte do século XX arrinca tres antes, no XVIII, cando o xornalista de The Enquirer Jonathan Swift publica ‘Unha humilde proposta’ (1729, agora en galego con Trifolium). O escritor propón solventar a fame e superpoboación da recesión irlandesa da altura coa inxesta de nenos. De paso, «solucionaría o problema do aborto voluntario e esa práctica tan horrenda pola que as mulleres sacrifican os fillos bastardos, non sei se máis por evitar gastos ou vergoña», razoaba o adiantado ao xornalismo gonzo de Hunter S. Thompson. Un século máis tarde, en 1823, o director do The Morning Chronicle mandou a Charles Dickens, de 21 anos, a ruar por Londres na procura de información. Como descubridor de noticias non era demasiado espilido, pero fixo unhas ‘Esceas de rúa’ nas que describe as clases medias e baixas —«criaturas pasivas dadas á rutina e á perseverancia»— que o achegaron ao principio da súa sona. Soamente botei en falta a Pierce Egan, a quen o meu mestre Abbott Joseph Liebling cita como mestre. Egan asegura en ‘Vida en Londres’ que non reclama a atención do lector «como erudito, porque non fun á universidade, son un home iletrado normal». As súas crónicas son un antecedente dese xeito de escribir periodismo que George Orwell admiraba en Dickens: «Contar pequenas mentiras para enfatizar a gran verdade».

Photo: (London, 1952)Robert Frank

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 435
Publicité