interior-1967-loc

O soño que veu visitarme esta noite comezaba nun consultorio médico. A doutora era unha muller cincuentona e morena. A súa cara ancha era compracente, tanto que despistaba a un da verruga que se lle chantara á dereita da fenda dos beizos. A miña doenza era clara. "Teño 47 anos e deixei de medrar aos 20, quedei en 1,80", queixeime cun desespero lixeiro. Ela miroume, apretou a mandíbula, suspirou. "Faremos unha análise, pero non lle prometo nada", aseguroume tendéndome un tubo branco para que mexaxe. 

Photo: An interior gallery of the Singer Building, shortly before destruction in 1967