
A mañá do domingo correspondía a un día de novembro perdido en abril. JR e máis eu contemplabamos aos nosos respectivos fillos vestidos desafiantemente en pantalón curto e camiseta de asas correndo pola pista de atletismo do instituto Lucus Augusti. O frío convertía as bancadas nun gulag. Eu acordara de levar unha manta. JR comezara a mañá nun partido de fútbol co seu outro cativo. Ambos os dous refrendabamos a inexorable teoría que xa formulara o xornalista Gay Talese: canto peor fubolista fuches, máis berras ao fillo, pero tamén...
[Lire la suite]