marlon brando 1

Nicolás Maduro vestía hoxe unha camisa dun azul discreto para o nivel de godallismo que adoita. Malia deixar por unha horas o seu clasismo chandaleiro, no esquecera de erguer o puño. Eu mirábao na pantalla do portátil mentres lía, un chisco máis con admiración, a Leo Strauss. Faise apaixoante coñecer as fontes do pensamento neoconservador e, como ninguén me pasa os apuntamento das escolas de directrices de Pontevedra, ando estudando por libre. En ¿Que es filosofía política?, o cerebro excepcional que forneceu o relato (o storytelling que reclama Feijoo a Rajoy) do reaganismo e o thatcherismo, distingue, para o meu horror intelectual, entre tiranía e cesarismo. No texto de Strauss lese: "Se nunha situación determinada a orde constitucional republicana se afunde dun xeito tan radical como para que non exista unha esperanza razoable de restauración nun futuro previsible, o establecemento dun rexime absolutista permanente (cesarismo) non pode ser obxecto de crítica". Ben sabemos, e penso asemade no presidente venezolano, que as ideoloxías conforman un círculo que se toca nos extremos.

Photo: Marlon Brando at Julius Caesar, by Joseph L. Mankiewicz (1953)