Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
8 mai 2013

RESTA CON LEVADAS

 europe

 Mesmo os manuais máis básicos sobre a síndrome do niño baleiro remiten a unha charla directa cando alguén quere marchar da casa. Bótase en falta unha xira de España por Cataluña para coñecer os motivos para a independencia, que posiblemente teñen un ingredente de autosuficiencia e outro de orgullo nacional, pero tamén de ira. O trazo madrileño, groso coma adoita, é subirlles o volume do himno, coma se non escoitar equivalese a que as bocas se pechen convencidas. O Constitucional volve sentenzar por riba da vontade catalá. Máis ca unha división de poderes, isto semella unha resta con levadas. Na primeira resolución, sobre o Estatut, favoreceu con efectividade o medre soberanista. Desta volta, non cómpre agardar un efecto diferente. Non sería mellor dedicar quince días de entrevistas e escoitas a tratar de que o territorio non se lles desgaxe?

Photo: Roman Vishniac

Publicité
Publicité
Commentaires
O CABARET VOLTAIRE. Seit 2005.
Publicité
Archives
Derniers commentaires
Newsletter
2 abonnés
Visiteurs
Depuis la création 303 429
Publicité