
Soamente hai unha cousa que me intranquilice máis ca un control nocturno da Garda Civil: unha ópera de Wagner. Cada vez que poño unha composición súa no Spotify sento que se me bota enriba un tsunami imperativo e fico paralizado. Ese dramatismo trascendente cáusame desacougo, asfixiame tal nulo grao de ironía. Como o músico Leipzig anda de bicentenario, dáse moito a ler. Muñoz Molina relatoumos aí atrás que a paixón do Proust polo alemán eran tan desaforada que, unha vez encamado, se deleitaba na escoita do teatrófono; un...
[Lire la suite]